Xunto ao mar, unha árbore imprégnase da súa cor, do seu salitre. Coñécese como Árbore Azul e, moito antes, foi semente que a terra fecundou coa forza e suavidade do vento.
Está situada no punto no que a lúa bica o océano, onde se escoitan os cantos das irmás sereas.