Tenda en liña > Monográfico Colaxe e literatura feminista 💜✂️📚
Monográfico Colaxe e literatura feminista 💜✂️📚
45,00 € - 200,00 €Rango de prezos: desde 45,00 € ata 200,00 €
Descrición longa
Encontros para crear, soñar e transformar a través da colaxe e da literatura feminista
Ao longo de cinco encontros, que terán lugar un sábado cada dous meses, exploraremos diferentes propostas creativas a partir de textos, imaxes e materiais diversos.
Hai unha conexión entre cada encontro pero son independentes para que poidas participar nunha sesión, en varias ou en todas.
Este Monográfico de Colaxe e literatura feminista é unha invitación a crear sen présas a través da colaxe, da literatura feminista e da escrita para afondar en novas formas de expresión, descubrir autoras e referentes do pensamento feminista e explorar o poder dos soños como espazo de imaxinación, intuición e transformación.
A natureza e os seus ritmos tamén estarán presentes, inspirando parte das propostas e convidándonos a conectar cos nosos propios procesos creativos. Porque antes de crear unha imaxe, unha historia ou un cambio, primeiro necesitamos poder imaxinalo.
Máis ca un obradoiro, este monográfico quere ser un espazo onde crear, explorar, compartir e parar un momento. Un lugar no que a imaxe, a palabra, os soños e o encontro coas demais nos axuden a conectar con nós mesmas, coa nosa creatividade e con outras maneiras de mirar e habitar o mundo.
Cada encontro terá unha duración de 3 horas e incluirá todos os materiais necesarios, así como un petisco.
O grupo será reducido para favorecer un ambiente acolledor, a escoita e o acompañamento dos procesos creativos de cada participante.
O que din as persoas que xa participaron
“Un lugar no que me sentín moi a gusto coa creatividade, as lecturas e as persoas”
“Tranquilidade”
“Compartir e conectar con nós mesmas e co resto”
“Unha experiencia de aprendizaxe e moi reconfortante”
“Manualidade feminista segura”
“Creatividade que axuda á vida”
“Espazos propios”
“Comunidade 💜”
OBXECTIVOS
- Crear un espazo seguro, acolledor e coidado no que expresarse con liberdade a través da creación.
- Explorar a colaxe como ferramenta de expresión, experimentación e descubrimento.
- Descubrir autoras, obras e referentes da literatura e do pensamento feministas, establecendo pontes entre creación artística e transformación social.
- Afondar na técnica da colaxe mediante novas ferramentas, materiais e posibilidades expresivas.
- Explorar a escrita como práctica creativa, de reflexión e de autocoñecemento.
- Descubrir o poder da imaxinación e dos soños como motores de creación, transformación e construción de futuros posibles.
- Conectar a creación artística cos ritmos da natureza e cos procesos cíclicos que atravesan as nosas vidas.
- Compartir un proceso creativo continuado no tempo, fortalecendo os vínculos, a confianza e a comunidade entre as participantes.
DURACIÓN
5 encontros independentes de 3 horas, cunha proposta diferente en cada sesión.
Podes asistir a un encontro concreto ou vivir a experiencia completa ao longo do ano.
HORARIO E LUGAR
- Un sábado cada dous meses de 11.00 – 14.00 h
- 5 setembro, 7 novembro, 9 xaneiro, 6 marzo e 29 maio
- Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa 7, Santiago de Compostela)
PREZOS
Inclúe todos os materiais e un petisco.
- 1 encontro · 45 € (3 horas)
- 2 encontros · 85 € (6 horas)
- 3 encontros · 125 € (9 horas)
- 4 encontros · 165 € (12 horas)
- 5 encontros · 200 € (15 horas)
CONDICIÓNS DE INSCRICIÓN
A praza quedará reservada unha vez realizado o pagamento da modalidade escollida.
As prazas cóbrense por orde de inscrición (cando o pagamento se realice). No caso de que non haxa prazas e o pago estea realizado, poñereime en contacto para ofrecer alternativas de datas ou procederase a realizar a devolución pola mesma vía na que se fixo o pagamento.
Se finalmente non podes asistir a algún encontro, o importe desa sesión non será reembolsado. Se avisas cun mínimo de sete días de antelación, farei todo o posible por ofrecerche unha praza noutro encontro equivalente, sempre que haxa dispoñibilidade.
Se tes algunha dificultade para realizar o pagamento, escríbeme e buscamos unha solución.
Para calquera dúbida, escríbeme a tenda@arboreazul.gal
Condicións de compra
Árbore Azul realiza envíos a todo o mundo. Os envíos fanse unha vez á semana (martes ou venres).
Os prazos de entrega estimados serán informados ao realizar o pedido e poden variar en función do destino.
Enviarase un número de seguimento por email para localizar o pedido en todo momento.
Devolucións
Para realizar un cambio ou unha devolución, envía un correo a tenda@arboreazul.gal indicando o número de pedido, os artigos e unha fotografía (con boa resolución e iluminación) dos mesmos. Non se admitirá ningún cambio ou devolución sen que se notifique mediante esta vía e, en calquera caso, deberase esperar a ter a confirmación por parte de Árbore Azul.
No momento en que se comprobe que se cumpren todas estas condicións, mandarase un correo electrónico no que se che informa da aceptación da devolución.
- Cambios: contas con 15 días naturais dende a recepción dos artigos para realizar calquera cambio. Só se aceptarán aqueles artigos que se atopen en perfecto estado. Se o produto se atopa usado, danado ou modificado por factores externos a Árbore Azul, o cambio non se aceptará. Unha vez comunicada a incidencia (cos pasos que se indican ao comezo deste apartado), o/a cliente/a deberá devolver o produto nun prazo de 15 días naturais, comprobaranse as condicións dos artigos e, se procede, realizarase o cambio dos artigos. Os gastos de devolución (transporte, taxas, impostos…) dos artigos que se desexan cambiar correrán a cargo do/a cliente/a.
- Devolucións: no caso de que recibas o produto en mal estado por responsabilidade de Árbore Azul, o/a cliente/a deberá comunicar a incidencia nun prazo máximo de 3 días naturais dende a data de entrega. Unha vez comunicada a incidencia (cos pasos que se indican ao comezo deste apartado), o/a cliente/a deberá devolver o produto nun prazo de 15 días naturais, comprobaranse as condicións dos artigos e, se procede, realizarase o reembolso (pola mesma vía que se fixo o pago) dos artigos e gastos de envío ou o cambio por outro produto.
Gastos de envío
- Estado peninsular: 6 € en envíos de ata 1KG.
- Estado peninsular (cun gasto superior a 50 €): gratis.
Para outros puntos do Estado español ou do mundo: contacta no correo tenda@arboreazul.gal, indicando o(s) artigo(s) que queres mercar e o enderezo no que queres recibir o pedido para indicarche o prezo total cos gastos de envío.


