Tenda en liña > Pack literario ~ TERRA DELAS
Pack literario ~ TERRA DELAS
45,00 €
Descrición longa
Un agasallo literario para ti ou para quen ti queiras que convida a camiñar pola utopía que Charlotte Perkins nos describe en TERRA DELAS.
O pack está composto por:
- Libro
- Candea literaria
- Postal plantable
LIBRO TERRA DELAS de Charlotte Perkins Gilman
Unha sociedade de mulleres. Unha terra descoñecida na que as súas habitantes viven, dende hai dous mil anos, de forma pacífica e frutífera ata que unha expedición de tres homes irrompe a súa calma e benestar, facendo que choquen normas, costumes e, en definitiva, a forma de ver e de entender a vida.
Un libro biodegradable, feito de algas e algodón reciclados, con sementes de lavanda e tintas sostibles.
CANDEA LITERARIA ~ TERRA DELAS
Unha candea que naceu ao imaxinar os aromas que xurdirían ao camiñar polo país que describe o libro de Charlotte Perkins Gilman TERRA DELAS.
Tiña que ulir a lavanda: un aroma suave, que transmite calma e serenidade, que abre espazos…
Elaborada en colaboración con BJ Candle Studio quen, dende Compostela, deu forma a esta idea cunha base de solla e un aroma a lavanda que persiste pero non invade.
POSTAL PLANTABLE ~ A VOZ DE TODAS
Unha colaxe que ilustra a esencia deste proxecto ecofeminista e que é imaxe da banda sonora creada en colaboración con A Banda da Loba.
Unha ilustración que podes empregar como lámina e enmarcala ou usala para escribir e regalarlla a alguén ou plantala. Ten sementes de flores silvestres.
Condicións de compra
Árbore Azul realiza envíos a todo o mundo. Os envíos fanse unha vez á semana (martes ou venres).
Os prazos de entrega estimados serán informados ao realizar o pedido e poden variar en función do destino.
Enviarase un número de seguimento por email para localizar o pedido en todo momento.
Devolucións
Para realizar un cambio ou unha devolución, envía un correo a tenda@arboreazul.gal indicando o número de pedido, os artigos e unha fotografía (con boa resolución e iluminación) dos mesmos. Non se admitirá ningún cambio ou devolución sen que se notifique mediante esta vía e, en calquera caso, deberase esperar a ter a confirmación por parte de Árbore Azul.
No momento en que se comprobe que se cumpren todas estas condicións, mandarase un correo electrónico no que se che informa da aceptación da devolución.
- Cambios: contas con 15 días naturais dende a recepción dos artigos para realizar calquera cambio. Só se aceptarán aqueles artigos que se atopen en perfecto estado. Se o produto se atopa usado, danado ou modificado por factores externos a Árbore Azul, o cambio non se aceptará. Unha vez comunicada a incidencia (cos pasos que se indican ao comezo deste apartado), o/a cliente/a deberá devolver o produto nun prazo de 15 días naturais, comprobaranse as condicións dos artigos e, se procede, realizarase o cambio dos artigos. Os gastos de devolución (transporte, taxas, impostos…) dos artigos que se desexan cambiar correrán a cargo do/a cliente/a.
- Devolucións: no caso de que recibas o produto en mal estado por responsabilidade de Árbore Azul, o/a cliente/a deberá comunicar a incidencia nun prazo máximo de 3 días naturais dende a data de entrega. Unha vez comunicada a incidencia (cos pasos que se indican ao comezo deste apartado), o/a cliente/a deberá devolver o produto nun prazo de 15 días naturais, comprobaranse as condicións dos artigos e, se procede, realizarase o reembolso (pola mesma vía que se fixo o pago) dos artigos e gastos de envío ou o cambio por outro produto.
Gastos de envío
- Estado peninsular: 6 € en envíos de ata 1KG.
- Estado peninsular (cun gasto superior a 50 €): gratis.
Para outros puntos do Estado español ou do mundo: contacta no correo tenda@arboreazul.gal, indicando o(s) artigo(s) que queres mercar e o enderezo no que queres recibir o pedido para indicarche o prezo total cos gastos de envío.



