Tenda en liña > TERRA DELAS de Charlotte Perkins Gilman

TERRA DELAS de Charlotte Perkins Gilman

28,00 

Descrición longa

TERRA DELAS de Charlotte Perkins Gilman – Unha sociedade de mulleres. Unha terra descoñecida na que as súas habitantes viven, dende hai dous mil anos, de forma pacífica e frutífera ata que unha expedición de tres homes irrompe a súa calma e benestar, facendo que choquen normas, costumes e, en definitiva, a forma de ver e de entender a vida.

Ecofeminista: un proxecto editorial consciente nos contidos, nos procesos e nos coidados das persoas implicadas e da natureza.

  • Libro reciclado e biodegradable: pódese plantar!
  • Interior feito con papel de algas recicladas
  • Cuberta feita con algodón reciclado das industrias téxtiles e sementes de lavanda
  • Tintas sostibles
  • Sen plásticos
  • Tiradas pequenas
  • No interior promóvese o préstamo
  • Tipografía con tamaño amplo e espazo entre parágrafos para facilitar a lectura

Este libro tamén se fixo coidando das persoas que nel colaboraron nos procesos de revisión lingüística e ortotipográfica, revisión con perspectiva feminista, así como nos procesos de impresión e encadernación.

GRAZAS por apoiar un proxecto que promove o coidado das persoas e da natureza!

*Se queres vender TERRA DELAS na túa libraría ou no teu espazo, escríbeme a tenda@arboreazul.gal

Se queres mercar varios exemplares para un club de lectura, un centro… valoro un desconto, escríbeme a tenda@arboreazul.gal

CRÉDITOS

  • Colección: Circe e Calipso
  • Idade recomendada: dos 16 aos 106 anos
  • ISBN: 979-13-991588-0-9
  • Páxinas: 214
  • Dimensións: 148 x 210 mm
  • Encadernación artesanal e sostible
  • Tradución de Raquel Senra Fernández
  • Revisión lingüística/ortotipográfica: Mercedes Pacheco
  • Revisión perspectiva feminista: Arabías Sociedade Cooperativa Galega
  • Ilustración da cuberta: Árbore Azul
  • Edición: Árbore Azul
  • Impresión: Manchea

#librosconraízlila

 

 

Árbore Azul realiza envíos a todo o mundo. Os envíos fanse unha vez á semana (martes ou venres).

Os prazos de entrega estimados serán informados ao realizar o pedido e poden variar en función do destino.

Enviarase un número de seguimento por email para localizar o pedido en todo momento.

Para realizar un cambio ou unha devolución, envía un correo a tenda@arboreazul.gal indicando o número de pedido, os artigos e unha fotografía (con boa resolución e iluminación) dos mesmos. Non se admitirá ningún cambio ou devolución sen que se notifique mediante esta vía e, en calquera caso, deberase esperar a ter a confirmación por parte de Árbore Azul.

No momento en que se comprobe que se cumpren todas estas condicións, mandarase un correo electrónico no que se che informa da aceptación da devolución.

  • Cambios: contas con 15 días naturais dende a recepción dos artigos para realizar calquera cambio. Só se aceptarán aqueles artigos que se atopen en perfecto estado. Se o produto se atopa usado, danado ou modificado por factores externos a Árbore Azul, o cambio non se aceptará. Unha vez comunicada a incidencia (cos pasos que se indican ao comezo deste apartado), o/a cliente/a deberá devolver o produto nun prazo de 15 días naturais, comprobaranse as condicións dos artigos e, se procede, realizarase o cambio dos artigos. Os gastos de devolución (transporte, taxas, impostos…) dos artigos que se desexan cambiar correrán a cargo do/a cliente/a. 
  • Devolucións: no caso de que recibas o produto en mal estado por responsabilidade de Árbore Azul, o/a cliente/a deberá comunicar a incidencia nun prazo máximo de 3 días naturais dende a data de entrega. Unha vez comunicada a incidencia (cos pasos que se indican ao comezo deste apartado), o/a cliente/a deberá devolver o produto nun prazo de 15 días naturais, comprobaranse as condicións dos artigos e, se procede, realizarase o reembolso (pola mesma vía que se fixo o pago) dos artigos e gastos de envío ou o cambio por outro produto.
  • Estado peninsular: 6 € en envíos de ata 1KG.
  • Estado peninsular (cun gasto superior a 50 €): gratis.

Para outros puntos do Estado español ou do mundo: contacta no correo tenda@arboreazul.gal, indicando o(s) artigo(s) que queres mercar e o enderezo no que queres recibir o pedido para indicarche o prezo total cos gastos de envío.

Produtos relacionados

Non se atopan produtos relacionados...